top of page

AGUNG

Agung: Texto
Agung: Integrado con HTML
Agung: Texto

 

TIPO: Estratovolcán

ESTILO DE ERUPCIÓN: Altamente explosivo.

ALTITUDE: 3142m

PAÍS: Indonesia

O monte Agung ou Gunung Agung é un volcán activo situado en Bali. Este estratovolcán é o punto máis alto da  illa.

Agung entrou en erupción por última vez no1963-64 e todavía segue activo, cun cráter grande e moi profundo que ocasionalmente bota fume e cinzas.

ERUPCIÓN DO 1963

Despois de máis de 100 anos de sono, Agung volveu á vida en febreiro do 1963. Escoitáronse ruidos fortes e podíase ver unha grande nube que se elevaba dende o cráter. Tamén se expulsaron bombas e bloques dende o seu cume. Días despois, coladas de lava altamente viscosas comenzaron a viaxar polo flanco norte do volcán, alcanzando unha lonxitude de 7 km en tan so uns 19 días.

Despois de esta fase, a erupción foise volvendo cada vez máis explosiva, e o17 de marzo do 1963, tivo lugar unha erupción sub-pliniana, xerando unha columna de cinzas de 8-10 km de altura. Esta columna colapsou formando unhas coladas piroclásticas devastadoras. Estas coladas alcanzaron ata 15 km desde o cráter, destruíndo aldeas e costándolle a vida a máis de 100 persoas.

Fonte: Volcano Discovery

800px-Mount_Agung,_November_2017_eruptio
Agung: Imagen
bottom of page