

Veniaminof
10/03/2021
Continua a nova erupción no volcán. Actualmente hai dous respiradeiros activos no cume.

San Cristobal
10/03/2021
Explosións moderadas estanse dando no cráter do volcán.

Bagana
10/03/2021
O nivel de alerta do Bagana pasa de "durmido" a "erupción leve / risco de erupción" xa que se rexistraron unha serie de explosións.

Taal
09/03/2021
O nivel de alerta do volcán Taal pasa de "activo" a "erupción leve / risco de erupción" tras un incremento da actividade sísmica.

Fagradalsfjall
07/03/2021
Este volcán da península de Reykjanes (Islandia) pasa de "durmido" a "erupción leve / risco alto de erupción" debido á alta actividade sísmica no volcán.

Veniaminof
05/03/2021
O volcán Veniaminof pasa de "durmido" a "activo" .

Krísuvík
04/03/2021
O volcán Islandés Krísuvík pasa de "durmido" a "activo" debido á intensa actividade sísmica que se está dando debaixo do volcán. É posible que o volcán se esté preparando para unha nova erupción.

Klyuchevskoy
03/03/2021
Continúa a actividade na ladeira noroeste, a cal formou un novo cono de cinza que ten actualmente unha altitude de 54 m.

Pacaya
03/03/2021
Serie de pequenos paroxismos no cume do volcán.

Sinabung
02/03/2021
Colapsos do domo de lava xeraron grandes coladas piroclásticas, as cales levantaron unha densa columna de cinzas de máis de 5 km de altura.

Etna
02/03/2021
Dous paroxismos máis tiveron lugar no Etna. O primeiro destes caracterizouse por ser curto pero moi intenso, xerando unha alta columna de cinzas.
ARQUIVO:
Se queres saber a información da actividade volcánica dun día en concreto, pulsa no evento en vermello do día que desexes.