top of page

ASAMA

Asama: Texto
Asama: Mapa

TIPO: Volcán complexo

ESTILO DE ERUPCIÓN: Explosivo

ALTITUDE: 2568 m

PAÍS: Xapón

 

O volcán Asama é o volcán máis activo de Honshu, a illa grande de Xapón. A tan so 130 km de Tokyo, é un dos volcáns coa historia máis longa documentada.

A actividade do Asama é típicamente explosiva, e inclúe frecuente actividade de estromboliana a vulcaniana. Tivo varias erupcións importantes, dúas delas plinianas no 1108 e no 1783 d.C.

 

ERUPCIÓN DO 1783

Esta erupción foi unha das máis grandes e destructivas de Xapón nos últimos 1000 anos. Comenzou con expulsións esporádicas de cinza o 9 de maio e foi aumentando gradualmente a súa intensidade. A finais do mes de xullo a erupción foise volvendo máis violenta ata que, o 4 de agosto de 1783, comenzaron unha serie de explosións moi poderosas, que termiñaron ao día seguinte cunha explosión xigante, a cal provocou unhas coladas piroclásticas altamente destructivas e inusuais. Esta erupción destruiu por completo casas e aldeas, e costoulle a vida a unhas 1400 persoas.

Fonte: Volcano Discovery

Asama: Texto
Asama: Imagen
AsamaYamaS.jpg
bottom of page