top of page
BROMO
Bromo: Texto
Bromo: Mapa
Bromo: Texto
TIPO: Estratovolcán
ESTILO DE ERUPCIÓN: Explosivo. Pequenas erupcións freáticas no cono de cinza do Bromo.
ALTITUDE: 2328 m
PAÍS: Indonesia
Bromo é un cono activo situado dentro da caldeira xigante de Tengger. Esta caldeira de 16 km de ancho está localizada no extremo norte dun macizo volcánico que se extende desde o volcán Semeru.
O enorme complexo volcánico de Tengger data de fai uns 820000 anos e consta dun total de 5 estratovolcáns superpostos.
O volcán Bromo é o máis novo e actual do grupo de estratovolcáns da caldeira de Tengger.
Esta caldeira é tamén un dos destinos máis pintorescos de Indonesia polas súas magníficas vistas do mencer e o panorama sobre a caldeira co Semeru de fondo.
Bromo atópase nunha chaira chamada “Mar de Area”, que é unha reserva natural protexida desde 1919.
Fonte: Volcano Discovery
Bromo: Imagen

bottom of page