top of page

ETNA NOTICIAS

Paroxismo 16-02-2021
Paroxismo 16-02-2021:

Esta erupción que se podería chegar a catalogar como paroxismal, tivo comenzo ao redor das 16:30 hora local en Italia (15:30 UTC).

A erupción comenzou cando unha explosión máis grande do normal tivo lugar no cráter Sureste do volcán, a cal produciu unha serie de pequenas coladas piroclásticas. Minutos despois, unha gran fonte de lava empezou a saír “disparada” desde o cráter, e non tardou demasiado en alcanzar uns centenares de metros de altitude. Ao haber tanta cantidade de lava expulsada polo cráter, esta desbordou e se formou unha gran colada de lava que se separou en dúas ramificacións principais. Tras unha hora de intensa actividade estromboliana (con grandes fontes de lava) esta empezou a disminuir e a volver ao seu nivel normal, ao igual ca actividade sísmica. As coladas de lava, xa non alimentadas polo cráter e tan só empurradas pola forza da gravidade, continuaron descendendo pola ladeira do volcán, concretamente polo chamado val Bove. A colada de lava principal chegou a alcanzar máis ou menos 1000 m de lonxitud e se mantivo activo ata as 24:00 hora de Italia aproximadamente.

Produciuse unha alta columna de cinza que se elevou uns 7000 m por enriba do cráter, e pola cal se tiveron que suspender varios voos do aeroporto de Catania. Esta erupción tamén provocou un cambio no cráter Sureste, que como se puido ver ao día seguinte, era máis grande ca antes.

A pesar de todo, esta erupción non presentou nengún peligro para as zoas habitadas e é normal que no volcán Etna, cada certos meses, teña lugar unha violenta erupción (ou paroxismo) este estilo.

etna-16feb21-massimogiudice.jpg

Gran fonte de lava ao comezo da erupción

Captura de pantalla (149).png

Vista xeral da erupción

Captura de pantalla (150).png

Colada de lava fluíndo por un dos flancos do volcán

Timelapse da erupción, feito a partir do canal de Benito Morabito

Imáxes de alta calidade da erupción captadas por Michele Mammino

bottom of page